Conocernos
   nos acerca


Terapia ocupacional

Desde - Hasta: 01/01/2010 - Actualmente



Área xeográfica de actuación: Galicia

Responsabel da área de intervención:
Candela Presedo Sánchez, terapeuta ocupacional 
colexiada número 46900398

Cristel Gestal Regueiro, terapeuta ocupacional colexiada número 46900377
 


O terapeuta ocupacional favorece a independencia funcional e autonomía persoal desde un enfoque biopsicosocial. Avalía as capacidades e dificultades da persoa, para desenvolverse na súa contorna á hora de participar das súas actividades cotiás.
 
Pra iso intervén nas diferentes áreas de ocupación da persoa, tanto nas súas actividades de autocuidado e o seu fogar, como no traballo, lecer e tempo libre, participación social, así como no caso dos nenos na súa contorna educativa  e de xogo.
 
As persoas con EE.RR. poden ter dificultades a nivel motriz, sensorial, cognitivo ou social que condicionan a súa participación. Por iso o obxectivo do terapeuta ocupacional é lograr a maior participación e integración posible da persoa no seu día a día. Para iso planifícase a intervención, de maneira individualizada, centrada nas necesidades da persoa e a súa familia.
 
Ademais asesorase á persoa na adquisición de produtos de apoio que faciliten o seu desempeño diario (cadeiras de rodas, sistemas de posicionamento, axudas para a alimentación o vestido, aseo, acceso ao computador, escola...) realizando un seguimento coordinado cos servizos públicos ou privados de saúde e educación, clínicas ortopédicas, servizo de traballo social ou outros profesionais de referencia da persoa.
 
Favorece a prevención de riscos e promoción da saúde asesorando ás familias e a propia persoa en hábitos para a saúde, técnicas de hixiene postural, realización de transferencias... e adaptación da contorna (fogar, escola, traballo...) en base aos criterios de accesibilidade universal.
 
 
 
Programa subvencionado pola Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7% do IRPF