Conocernos
   nos acerca


Cómo ser membro de Fegerec

Desde - Hasta: - Actualmente

As entidades que soliciten acceder a FEGEREC como entidade membro deberán estar legalmente constituídas e certificar os seguintes extremos:

  1.  Aceptación da Constitución Española
  2. Ter capacidade xurídica plena
  3. Ter autonomía funcional recoñecida nos seus Estatutos, con organización e goberno propios.
  4. Contar cunha estrutura democrática que permita o control dos órganos executivos por parte dos/ as socios/ as.
  5. Ter entre os seus obxectivos, o apoio, investigación, promoción, rehabilitación integral, difusión e defensa das persoas integradas dentro do ámbito de FEGEREC



O procedemento de acceso será o seguinte:
· Solicitude da admisión por escrito á Secretaría de
FEGEREC, nome, domicilio da entidade e CIF, así como nome, apelidos, número de Documento Nacional de Identidade e domicilio da persoa que ostente a representación legal da entidade solicitante. A solicitude debe acompañarse cos seguintes documentos:

  1.  Copia da Acta Fundacional da entidade
  2.  Copia dos Estatutos vixentes
  3.  Copia da inscrición no Rexistro de Asociacións
  4.  Memoria de Actividades do exercicio anterior
  5.  Relación nominal de membros do Órgano directivo
  6.  Copia da Acta de nomeamento do representante legal da entidade


· A Xunta Directiva comprobará o cumprimento dos requisitos esixidos ás entidades solicitantes de admisión e, previo estudo e valoración, acordará ou denegará a admisión.
· A entidades solicitantes para ser admitidas como membro de
FEGEREC, deberán obter o voto favorable de polo menos os 2/3 dos membros da Xunta Directiva.