Conocernos
   nos acerca


Conectando persoas

Conectando personas
Frecuentemente, o compartir vivencias e reaccións entre persoas e/ou familias que padecen un mesmo problema de saúde, convértese nunha axuda para afrontar e soportar mellor a enfermidade, así como para avanzar na procura de recursos que melloren a súa calidade de vida, contribuíndo no caso particular das enfermidades raras a aliviar o sentimento de illamento e soidade.

O coñecer a realidade doutras persoas, como afrontan ou buscan alternativas de mellora ante unha problemática de saúde similar, axúdalles a relativizar e normalizar a situación na que lles pon a enfermidade.

Conectando persoas” ten como obxectivo facilitar o contacto entre persoas e familias que padecen a mesma enfermidade ou están en proceso de procura de diagnóstico. Para iso comprométese a enviar a solicitude de contacto sempre que estean dispoñibles na base de datos de Fegerec perfís de persoas que se axusten á demanda solicitada e que a outra parte autorice o seu consentimento para propiciar o contacto.
 
Para tentar conectar con outra persoa é necesario cubrir un formulario. En base a normativa de protección de datos, vai ser preciso realizar un procedemento específico, por isto, agradeceríamos que contactases coa federación no seguinte correo electrónico (info@fegerec.es). Por favor, ten en conta que se non recibimos o correspondente correo o formulario non terá validez. Fegerec unicamente responsabilízase de posibilitar o contacto de forma segura entre as dúas partes.