Conocernos
   nos acerca


Integración social

Desde - Hasta: 01/01/2022 - Actualmente

 
Área xeográfica de actuación: Galicia
Responsable da área de intervención: Amara Prieto Rey
 
Padecer unha enfermidade rara afecta practicamente a todos os ámbitos da vida, sábeno moi ben as persoas e familias que conviven con estas enfermidades.
 
Desde a área de integración social tratamos de promover e poñer en práctica estratexias e técnicas adecuadas para a igualdade de oportunidades, abarcando aqueles espazos carentes dunha plena inclusión como tamén unha adaptación á nova situación desencadeada pola enfermidade.
 
Neste momento estamos inmersos en mellorar a inclusión educativa, a autonomía persoal e social, así como o desenvolvemento de diferentes talleres, como medio para alcanzar obxectivos concretos (estimulación cognitiva, lecer, apoio educativo…)
 
 
Programa subvencionado pola Consellería de Política Social e a través dos fondos do 0,7% do IRPF, Xunta de Galicia