Conocernos
   nos acerca


Biobancos

Un biobanco é un establecemento público ou privado sen ánimo de lucro que acolle unha colección de mostras biolóxicas concibida con fins diagnósticos ou de investigación biomédica e organizada como unha unidade técnica baixo criterios de calidade, orde e destino. Estas mostras, unha vez recollidas, procesadas, almacenadas e xestionadas, póñense a disposición dos investigadores para o seu uso na obtención de novos coñecementos científicos.

Os biobancos hospitalarios de Galicia, almacenan mostras de tecidos e fluídos de pacientes, e constitúen un valor como ferramentas de investigación científica, repercutindo no conxunto da mellora da asistencia sanitaria. En Galicia existen catro biobancos adscritos ao Sergas, todos eles inscritos no Rexistro Nacional de Biobancos. Están situados nas áreas sanitarias de Santiago de Compostela, A Coruña, Vigo e Lugo. En total, almacénanse máis de 140.000 mostras procedentes de tecido (fundamentalmente de orixe tumoral) biopsias líquidas, ADN, ou fluídos como plasma, soro ou líquido cefalorraquídeo. Ademais destas mostras habituais, no caso do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo existe un depósito de cerebros, con máis de 180 exemplares.

A Rede Galega de Biobancos (RGBB), promovida polo Servizo Galego de Saúde, en colaboración coa Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), é unha iniciativa de coordinación e cooperación entre os biobancos autorizados na Comunidade Autónoma de Galicia e constitúese por tanto como un axente de investigación sanitaria. A RGBB ten como principal obxectivo coordinar a actividade dos biobancos integrados nesta, desenvolvendo procedementos de traballo técnicos, organizativos e ético-legais comúns. O desenvolvemento da Rede Galega de Biobancos supón unha iniciativa que reforzará o contido, xestión e coordinación dos biobancos da nosa Comunidade Autónoma.

Biobanco do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur ( Biobanco IISGS) (Hospital Álvaro Cunqueiro)
Banco de tumores
Banco de tecidos neurolóxicos
· Banco de cerebros
· Banco de músculo, nervio e pel
· Banco de ADN
Banco de interese microbiológico

Biobanco Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago Compostela (Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS)
Coleccións de mostras diversas relacionadas con:
· Enfermidades respiratorias
· Pacientes tratados de corazón
· Reumatoloxía
· Cancro de Cólon
· Hematoloxía (ADN,plasma e sangue)

Biobanco A Coruña (Hospital Materno Infantil Teresa Herrera)
Banco de Tumores Colecciones de mostras biolóxicas diversas asociadas a:
· Transplante de órganos
· Reumatoloxía
· Cardiología
· Enfermidades Infecciosas
· Endocrinoloxía, etc

Biobanco Lugo (Hospital Lucus Augusti)
Trátase dun novo Servizo, situado no HULA en integrado na Rede Galega de Biobancos, que acollerá unha colección de mostras biolóxicas humanas para investigación biomédica e permitirá fomentar e centralizar a investigación biomédica.
      Imprimir