Conocernos
   nos acerca


Csur

No ano 2006 o Ministerio de Sanidade creou os chamados centros, servizos e unidades de referencia do Sistema Nacional de Saúde (CSUR).

Centro de referencia:
É un centro sanitario dedicado fundamentalmente á atención de determinadas enfermidades ou grupo de enfermidades cuxa prevención, diagnóstico e tratamento realícese utilizando técnicas, tecnoloxía ou procedementos incluídos na carteira e servizos comúns do sitema nacional de Saúde (SNC).

Servizo ou unidade de referencia:
É o servizo ou unidade dun centro sanitario que se dedica á realización dunha técnica, tecnoloxía ou procedemento de atención de determinadas enfermidades ou grupo delas cua prevención, diagnóstico e tratamento realícese utilizando técnicas, tecnoloxía ou procedementos incluídos na carteira de servizos comúns do SNS.

Unidades de experiencia:
Unha unidade de experiencia en eerr é un equipo de profesionais situados nun hospital na rede sanitaria pública que concentra a atención sanitaria dun maior número de casos dunha enfermidade ou grupos de enfermidades. Xestiona os casos na súa globalidade non realizando unicamente un único proceso (diagnóstico, cirurxía, rehabilitación…)




Os Csur deben:
· Dar cobertura a todo o territorio nacional e atender a todos os pacientes en igualdade de condicións independentemente do seu lugar de residencia.
· Proporcionar atención en equipo multidisciplinar: asistencia sanitaria, apoio para confirmación diagnóstica, definir estratexias terapéuticas e de seguemento e actuar de consultor para as unidades clínicas que atenden habitualmente a estes pacientes.
· Garantir a continuidade na atención entre etapas da vida do paciente (neno-adulto) e entre niveis asistenciais.
· Avaliar os resultados.
· Dar formación a outros profesionais.

Obxectivos:
· Mellorar a equidade no acceso aos servizos de alto nivel de especialización de todos os cidadáns cando o precisen.
· Concentrar a experiencia de alto nivel de especialización garantindo unha atención sanitaria de calidade, segura e eficiente.
· Mellorar a atención das patoloxías e procedementos de baixa prevalencia.

Calquera Servizo ou Unidade que se propoña para ser CSUR debe contar coa autorización sanitaria de funcionamento e o informe favorable da Comunidade Autónoma onde está situado.

Os CSUR do Sistema Nacional de Saúde son designados ata o momento por Orde do Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social, previo acordo do Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde.
      Imprimir