Conocernos
   nos acerca


Xa teño diagnóstico

As enfermidades raras necesitan unha abordaxe multidisciplinar e integral, pois a mellora da saúde nestes casos, non depende unicamente dun profesional, senón de profesionais de diferentes ámbitos de atención e áreas de intervención.

En Fegerec, a través do programa asistencial sociosanitario, ofrecemos servizos a aquelas persoas que padecen unha enfermidade rara e ás súas familias.

protocolo Fegerec

Unha vez realizado o contacto coa Federación, establécese unha cita coa Directora Sociosanitaria para realizar a acollida, na que se valorará a situación e as necesidades da persoa demandante. Informarase e asesorará dentro dos recursos da entidade sobre a enfermidade, segunda opinión de diagnóstico ou tratamento, entidades vinculadas á enfermidade e/ou se derivará a outros servizos no caso de que sexa necesario.

Debido á crecente demanda, actualmente contamos con puntos de atención na Coruña, Santiago de Compostela, Vigo, Vilagarcía de Arous e Ourense.

¿Coñeces os nosos puntos de atención?
Puntos de atención

      Imprimir