Conocernos
   nos acerca


Equipo profesional

En Fegerec traballamos persoas cunha gran ilusión e compromiso. Somos profesionais con formación específica no ámbito das enfermidades raras e cunha experiencia suficiente para un óptimo desempeño das nosas funcións. Cabería resaltar a versatilidade das que conformamos o equipo técnico cunha gran capacidade de adaptación ao entorno cambiante no que Fegerec desenvolve a súa actividade.

Somos persoal laboral, anque unha parte importante do noso traballo, concretamente a relacionada coa difusión e búsqueda de recursos, levámola a cabo en calidade de voluntarias, organizando e participando activamente en diferentes actividades con ese fin. Nós non so traballamos para e con Fegerec, se non que formamos parte deste gran proxecto.

 

Carmen López Rodríguez

Licenciada en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Directora da Federación dende a súa fundación en Marzo de 2009. Número de colexiada: 1.496

Responsabilízome da "acollida" e, dende está área de intervención teño o privilexio de abrir a porta de Fegerec ás persoas que buscan axuda aportándolles, na medida do posible, iinformación e asesoramento sobre aspectos sociosanitarios relacionados coa súa enfermidade, 2ª opinión de diagnóstico e tratamento, centros, servizos, unidades de referencia e especialistas para cada caso concreto.
Tamén adico gran parte do meu tempo á xestión e dirección do día a día de Fegerec, impulsando o desenvolvemento de novos proxectos e melloras nas nosas áreas de intervención dirixidas a distintos sectores da sociedade, todo iso en colaboración con mis compañeras do equipo técnico e directivo, sen as cales nada sería posible.O pouco tempo restante adícoo a tentar conciliar a miña vida labora coa miña vida familiar, algo que, en non poucas ocasións, é case imposible. A pesar diso considero que son unha persoa moi afortunada xa que é un privilexio o poder estar no lado do que presta a axuda. Vendo as dificultades que vexo no día a día das persoas que padecen unha enfermidade rara faime valorar cada vez máis a importancia do cotidiano nas nosas vidas.
Un dos aspectos que máis valoro en Fegerec, e creo que é e será a clave do seu crecemento, é o sentemento de unidade entre as Entidades membro e o equipo técnico, sendo a solidariedade o eixo central do seu funcionamento, tendo claro que pensando na globalidade das enfermidades raras conseguiremos actuar eficaze eficientemente no particular de cada unha delas.


Afecciónsler, pescar, a patinaxe artístico e camiñar
Canción: De vez en cuando en la vida, de Joan Manuel Serrat
Libro: Un saco de canicas, de Joseph Joffo

 

Isabel Botana Torres

Traballadora Social. Responsabel da área de Intervención Social dende maio de 2010. Número de colexiada: 1.665

O que máis valoro de Fegerec é o bo ambiente laboral e o trato persoal cos afectados e os familiares. O día a día en Fegerec fai que valore e goce das pequenas cousas e do que realmente importa na vida.

Afeccións: flamenco-sevillanas, arte floral e ir a praia
Canción: Mi héroe, de Antonio Orozco
Libro: La casa de los espíritus, de Isabel Allende

 

Patricia Rodríguez Martínez

Graduada en Traballo Social. Máster en menores en situación de desprotección e conflicto social. Número de colexiada: 3475
 

O que máis valoro de traballar en FEGEREC é o compromiso de todolos profesionais cos afectados e familiares, ademáis da oportunidade de crecer na miña profesión.

 

Afeccións: viaxar e yoga
Canción: Love´s theme, The Love Unlimited Orchestra
Libro: Gran de Millo, Montse Ginesta

 

 

Sabela Sandino Rego

Licenciada en Dereito. Responsabel da área Administrativa e Xestión de Calidade.

Para min é importante ser parte activa da sociedade e tentar cambiar os motores exclusivamente económicos que moven o mundo. Traballar en Fegerec en ocasións resulta duro, observar como as persoas se teñen que enfrontar a situacións graves de saúde, propias ou de familiares, inesperadas, infrecuentes, con escaso ou nulo apoio social e na maioría das ocasións con difíciles e complicadas solucións que alivien o problemática bio- psico-social asociada á súa enfermidade ou á procura do diagnóstico dunha enfermidade rara.

Pero tamén me achega satisfaccións, comprobando como segue habendo solidariedade en moitos sectores da sociedade en xeral e en moitas persoas en particular, que co seu apoio tentan que esas situacións melloren e cambien.

Ademais, desenvolverse profesionalmente nunha entidade cunha estrutura organizativa basicamente horizontal, onde se valoran e teñen en conta as opinións de todos e cada un dos traballadores converte o teu traballo en gratificante, facendo que se respire un bo clima laboral.
Afeccións: a lectura
Canción: Lucía, de Joan Manuel Serrat
Libro: La isla de Alice, de Daniel Sánchez Arévalo

 

Nathaly Mariela Marin Pillacela

Técnico en Administración e Finanzas. En Fegerec desde xuño de 2021 como auxiliar administrativa.

Traballar en Fegerec dache a oportunidade de crecer como traballador e como ser humano. Achégache e ensínache toda a realidade que actualmente se vive no mundo. Así tamén axudache a entender e a valorar máis a saúde e a vida.

O máis importante e o que máis me gusta é que o ambiente de traballo é fabuloso e insuperable, xa que entre todas faise un gran equipo e existe moito compañeirismo en todo Fegerec.


Afeccións: a música e viaxar
Canción: Collar de lágrimas, Rock Star
Libro: Somnia, la realidad dormida, de Ricardo Spin


Cristina Suárez Pita

Graduada en Fisioterapia. Membro do equipo de Rehabilitación Fisioterápica da Federación. Número de colexiada: 3073

Poder traballar en Fegerec dache a oportunidade non so de desenvolverte profesionalmente, se non tamén de crecer no ámbito persoal. Sempre co apoio dun gran equipo e co obxectivo de axudar e tentar mellorar, na medida do posibel, as vidas das persoas que acoden a nós. 

Aficiones: nadar, cantar, viaxar e aproveitar o tempo en boa compañía
Canción: The story de Sara Ramírez

 

Ana Galiano Andrades

Graduada en Fisioterapia e Terapia Ocupacional.

Cando de pequena preguntábanme que quería ser de maior sempre respondía que a mestura entre imaxinación e axudar aos demais. Fegerec cumpre perfectamente o soño do meu "eu pequena". Formo parte do equipo de rehabilitación da federación no que aprendo e guío como superar dificultades a través da imaxinación para chegar a mellorar a calidade de vida das nosas persoas usuarias. Todo iso sumado á motivación que me achega formar parte dun equipo veterano que, a pesar dos anos, irradia ilusión e dedicación. Aprecio moito sentirme valorada e realizada no traballo, algo que, por sorte, Fegerec achégamo.

 

 

Candela Presedo Sánchez

Diplomada e graduada en Terapia Ocupacional. Master en Asistencia e Investigación Sanitaria. Certificación Internacional en Integración Sensorial de Ayres avalada por CLASI. Membro do equipo de rehabilitación funcional de Fegerec dende xaneiro de 2017. Número de colexiada: 46900398

O que máis valoro de Fegerec é a unidade do equipo e o su compromiso coa labor que se desenvolve dende a Federación. Así como as oportunidades de formación e desenvolvemento persoal. O día a día no meu traballo, o cara a cara coa realidade social e sanitaria de moitas persoas e as súas familias axudanme a madurar e desenvolverme non so como profesional se non coma persoa; axudame a concienciarme sobre a necesidade de valorar cada momento desfrutado e que "non importa o cómo, se non o poder facelo".

Afeccións: viaxar, sendeirismo, decoración
Canción: "We are the world" de Michael Jackson
Libro: "El principito" de Antoine de Saint-Exupéry

 

Cristel Gestal Regueiro

Graduada en Terapia Ocupacional. Máster Universitario en Discapacidade e Dependencia na especialidade de Rehabilitación Funcional. Certificada en Integración Sensorial de Ayres por The Collaborative for Leadership in Ayres Sensory Integration (CLASI). Número de colexiada: 46900377

Traballar en Fegerec fai que teña unha perspectiva das enfermidades raras e crónicas moito máis próxima á realidade, desde a visión das persoas que verdadeiramente saben o que estas supoñen: as persoas afectadas que atendemos e a súa contorna. Todo isto, xunto co equipo profesional da federación, fai que creza profesional e persoalmente facendo o que máis me gusta.

Afeccións: ler, escoitar música e pasear pola natureza
Canción: "Love my life" de Robbie Williams
Libro: novela negra e policiaca

 

Amara Prieto Rey

Responsabel da área sanitaria de integración social de Fegerec.

Facer dos meus ideais o meu modo de vida e de aí, a miña profesión. Penso que a mellor forma de contribuír, é actuar. Traballar en Fegerec fai que  amplíe os meus coñecementos e desenvólvame como profesional. Tratar de preto con persoas que padecen enfermidades raras, fai que teña unha perspectiva máis ampla e que poida participar de forma activa a través do meu traballo.

Aficiones: cociñar e pasar tiempo cos meus
Canción: My girl, The temptations
Libro: El señor de las moscas, William Goldind

 

 


Lola Vinagre Torres

Licenciada en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica e Neuropsicoloxía. Membro do equipo de Psicoloxía Clínica na Federación. Colexiada 1.930.

Fegerec permíteme valorar o papel primordial que xoga o movemento asociacionista na sociedade actual.

Afeccións: ler, o contacto coa natureza e viaxar
Canción: Needles & pins, de Ramones
Libro: Gústame desconectar lendo novela negra


 

María Borrazás Rumbo

Graduada en Psicoloxía. Máster Universitario de Psicoloxía Xeral Sanitaria. Psicóloga Sanitaria da Federación desde decembro de 2020.

Ser membro do equipo profesional de Fegerec achégame unha perspectiva profesional e humana das enfermidades raras desde numerosos ámbitos de asistencia. A implicación, dedicación e empatía para os afectados, así como o traballo en equipo, son características desta entidade que valoro especialmente para facerme mellorar como psicóloga.

Afeccións: a música, o teatro e viaxar
Canción: Some Nights, de fun
Libro: Cien años de soledad, Gabriel García Márquez


Alejandro Vázquez Fernández

Licenciado en Publicidade (Ciencias da Información) pola Universidade Autónoma de Barcelona. Master en Marketing por ESMA. Profesor Asociado de Publicidade na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC.

Nada mellor para un comunicador que partir dun contido real e que comunicalo axude a mellorar a vida dalgunhas persoas. Colaborar con Fegerec permíteme coñecer unha realidade da que falta moito por saber na opinión pública. Poder axudar a contala é un privilexio.

Afeccións: música e cine

Canción: Just Like Heaven, The Cure
Libro: Salvar el fuego, Guillermo Arriaga

 

Lidia Sánchez Baqueiro

Deseñadora gráfica e fotógrafa. Responsabel dal área de comunicación da Federación dende setembro de 2016.

Traballar en Fegerec permíteme coñecer e compartir a realidade dunha chea de persoas, tentado achegar esta verdade a sociedade.

Afeccións: arte, natureza e ioga
Canción: Always the hard way, Terror
Libro: Todo lo que necesito existe ya en mi, Rupi Kaur

 

      Imprimir