Agenda de actividades
ABIERTO EL PLAZO PARA SOLICITAR EL BONOTAXI AYUNTAMIENTO A CORUÑA
El plazo para hacer la solicitud es del 1 al 30 de junio del 2016.
01/06/2016 - 01/01/2017
Esta axuda está destinada a persoas con discapacidade recoñecida polo organismo competetente da Xunta de Galicia ou Administración competente que afecte gravemente á mobilidade e que lles impida utilizar os transportes públicos colectivos sempre que requiran deste medio para o seu desprazamento ao exterior.
Requisitos dos solicitantes:
1. Ser maior de 3 anos.
2. Residir no Concello de A Coruña e constar empadroado desde, polo menos, seis meses anteriores á data de inicio do plazo de presentación de solicitudes. O Concello poderá esixir a acreditación documental deste extremo mediante a presentación de recibos de consumo periódico que acrediten o uso habitual da vivenda.
3. Ter recoñecida legalmente a condición de discapacitado polo organismo competetente da Xunta de Galicia ou Administración competente que afecte gravemente á mobilidade e impida utilizar os transportes públicos colectivos.
4. No caso de que a persoa solicitante se atope en activo, non ter recoñecido este beneficio por convenio colectivo, contrato laboral ou calquera outro título acreditativo.
5. Non ter dereito a este servizo a través de ISFAS, MUFACE ou outra entidade.
6. Se a persoa é maior de 18 anos, non constar como titular de vehículo.
7. Non dispoñer duns ingresos superiores ao 200% do IPREM vixente (12.780,26 € anuais).
8. Estar ao corrente das súas obrigas tributarias, coa seguridade social e coa facenda autonómica e local, e non atoparse inhabilitados para a obtención de subvencións públicas.
Teranse en conta os ingresos do solicitante, e se carecese de ingresos se valorarán os ingresos das persoas das que dependa económicamente (cónxuxe, pais, fillos, titores, gardadores de feito, etc.). Neste caso calcularase a renda per cápita.
A cotinuación deixamos o enlace directo á publicación no BOP:
http://bop.dicoruna.es/bopportal/publicado/2016/05/31/2016_0000004282.pdf
Para calquer dúbida ou aclaración non dubidedes en poñervos en contacto con nós.
Lugar de celebración:
Archivada en:
Infórmate > Agenda de Actividades