Conocernos
   nos acerca


Axenda de actividades

Axudas económicas a través do Programa de Respiro familiar para coidadoras/es de persoas con dependencia ou discapacidade

Orde do 26 de maio de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras da concesión de axudas económicas ás familias con persoas en situación de dependencia ou con discapacidade a través do programa Respiro familiar para persoas coidadoras e se procede á súa convocatoria para o ano 2021

11/06/2021 - 30/11/2021 | Galicia

respiro familiar xunta de galicia

 

Obxecto

Ademais da modalidade Respiro en residencia, o programa de Respiro de persoas coidadoras subvencionará a prestación de servizos de atención e coidado no propio domicilio da persoa en situación de dependencia ou con discapacidade, a través da modalidade Respiro no fogar co obxecto de facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral das/os coidadores e mellorar calidade de vida de todas as persoas implicadas.

 

Modalidades

1. Respiro no fogar, para financiar a atención puntual, integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade

2. Respiro en residencia, para financiar estadias temporais en centros residenciais da CA de Galicia

O período subvencionable comprenderá desde o 1 de xaneiro de 2021 ata o 30 de novembro de 2021.

 

Persoas beneficiarias

Aquelas persoas coidadoras habituais non profesionais que atendan de forma continuada unha ou máis persoas dependentes ou con discapacidade ou en situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

 

Requisitos para acceder á subvención

Para que a persoa coidadora sexa beneficiaria da subvención é necesario que concorran os seguintes requisitos:

A] Que ben a persoa coidadora solicitante da subvención ou ben a persoa ou persoas que atenda sexan residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

B] Que a persoa a que se atende presente calquera das seguintes situacións:

1. Discapacidade física, psíquica ou mental con necesidade de axuda de terceiras persoas para as actividades da vida diaria, e ter recoñecida polo organismo competente unha discapacidade en grao igual ou superior ao 75%.

2. Ter recoñecida a situación de dependencia polo organismo competente; grao II ou III.

3. Que a persoa a que se atende presente unha situación de necesidade de terceiros para as actividades da vida diaria, acreditada mediante informe médico e social.

 

Modalidade Respiro no fogar

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento do servizo de atención a maiores a domicilio para atender necesidades puntuais nos supostos convenientemente acreditados. A través desta modalidade, prevista para dar resposta ás demandas concretas das familias por espazos de tempo definidos e non moi longos, prestarase unha atención integral e directa no propio fogar da persoa dependente ou con discapacidade co obxectivo de manter estas persoas no seu domicilio e ofertar ao seu coidador habitual a posibilidade de dispoñer dunhas horas para o seu descanso persoal ou ben para cubrir as súas necesidades puntuais derivadas da conciliación das obrigas laborais e persoais e as responsabilidades familiares que se produzan.

O servizo, que deberá ser prestado por persoal profesional legalmente acreditado con formación específica en atención a persoas con necesidades especiais e contratado directamente pola persoa coidadora solicitante da subvención, cubrirá os coidados persoais e de acompañamento que necesita a persoa que se atende, en ausencia das persoas coidadoras, e poderá prestar as seguintes tarefas:

Compañía activa: manter conversación, lectura e apoio.

Acompañamento a paseos e axuda para desprazamentos.

Aseo, hixiene persoal e mobilización.

Administración de alimentos: poñer ou dar alimentos preparados previamente polos familiares.

Administrar medicación oral segundo as indicacións dos familiares e prestar coidados mínimos a enfermos crónicos.

Acompañamento a actividades culturais e de lecer.

Calquera outra tarefa implícita no desenvolvemento das anteriores.

Cando nun domicilio se atenda máis dunha persoa usuaria, as tarefas que se presten deberán ser compatibles coa vixilancia e atención de todas elas.

 

Contía da axuda:

Pode acadar ata o 100 % do custo das actuacións previstas na relación da epígrafe anterior cun máximo de 1.000 euros por beneficiario/ano.

A contía da axuda farase efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa.

 

Modalidade de Respiro en residencia

A axuda consistirá nunha achega para contribuír ao pagamento da residencia ante unha necesidade puntual nos supostos convenientemente acreditados. Para dar resposta á necesidade de descanso da persoa coidadora, esta modalidade establece a posibilidade de que a persoa en situación de dependencia ou con discapacidade poida acceder temporalmente a un centro residencial dotado dos recursos necesarios para prestarlle unha atención integral.

Servizos:

A] Aloxamento e manutención completa en cuartos dobres adecuados ás limitacións e necesidades das persoas beneficiarias. No caso de que unha persoa beneficiaria desexe ocupar unha habitación individual, estará supeditado á dispoñibilidade do centro e deberá aboar pola súa conta o pagamento do suplemento que lle corresponda.

B] Menú axeitado baixo supervisión médica.

C] Atención integral que comprende: coidado persoal, control e protección, prestación das axudas necesarias para a realización das actividades da vida diaria (aseo, vestido, comida...).

D] Atención médica, psicolóxica e social (tendo en conta as indicacións e tratamento que a persoas usuarias teñan prescrito polos seus especialistas, se for o caso).

Contía da axuda:

Consistirá nunha achega que pode acadar ata o 100% do custo das actuacións previstas na relación anterior cun máximo de 1.500 euros por beneficiario/ano.

A axuda farase efectiva unha vez que se presente a documentación xustificativa.

 

Compatibilidade con outras axudas ou subvencións públicas

A percepción destas axudas é compatible con outras subvencións, axudas e ingresos ou recursos para a mesma finalidade procedentes de calquera outra Administración ou ente público ou privado.

No caso de se percibiren outras axudas, deberase acreditar documentalmente a súa natureza e contía, así como calquera circunstancia que poida afectar substancialmente a execución das actuacións. A comunicación deberase efectuar tan axiña como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

En ningún caso o importe das axudas concedidas ao abeiro desta orde poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con subvencións ou axudas, supere o custo do servizo recibido.

 

Documentación

Anexo I Solicitude presencial ou tramitación en liña

A] Copia do contrato de prestación de servizos, ou documento similar acreditativo da prestación do servizo, asinado pola entidade titular da residencia (modalidade Respiro en residencia).

B] De ser o caso, copia do contrato asinado coa entidade prestadora do servizo de axuda no fogar ou contrato ou ampliación do contrato da persoa coidadora ou empregada de fogar.

C] Anexo II, relativo á comprobación de datos do dependente.

D] Informe social (Anexo III) ou no modelo Informe Social Unificado (ISU) relativo á persoa dependente, só naqueles casos que non exista recoñecemento de grao dependencia ou que variasen as circunstancias desde a valoración da dependencia.

E] Informe médico relativo á persoa dependente segundo o modelo do Sergas, só naqueles casos en que non exista recoñecemento do grao dependencia

F] Xustificación documental da situación de respiro do coidador.

G] Certificado do grao de discapacidade da persoa dependente se non fose expedido pola Xunta de Galicia.

H] Documento que acredite oficialmente a situación familiar ou declaración responsable desta por parte do solicitante.

 

Máis información: sede.xunta.gal/detalle-precedemento

 

Lugar de celebración:

Arquivada en:
Infórmate > Axenda de Actividades