Conocernos
   nos acerca


Noticias 

Campaña de Nadal: Pode ser máxico grazas a ti, 2019

O obxectivo desta campaña é visibilizar e sensibilizar sobre as enfermidades raras, así como captar fondos destinados ao programa sociosanitario que Fegerec pon ao dispor de todas aquelas persoas afectadas por unha enfermidade rara e ás súas familias que pertencen á Comunidade Autónoma de Galicia.

22/11/2019 | Galicia

Durante o mes de decembro, Fegerec a través dos Colexios Oficiais de Farmacia, pequenos comercios e mesas informativas colocadas en puntos concretos da vía pública das principais cidades da comunidade galega, pon á venda un caramelo en forma de bastón ao prezo de 1€ a unidade.

carteleria campaña nadal famosos


VOLUNTARIADO

Para poder sacar adiante as distintas mesas necesitamos persoas voluntarias. En cada unha delas sempre haberá unha persoa responsable de mesa pertencente á Federación que vos poderá resolver calquera dúbida que tengais, ademais de algun/a voluntario/a, así que en ningún momento estareis sós/ as.

Que hai que facer? colaborar connosco na repartición de bastóns solidarios en apoio ás enfermidades raras.

Canto tempo? O que poidas! Na maioría das mesas teremos o seguinte horario: mañás de 10:00 a 14:00h e tardes de 17:00 a 20:00h (excepto nos mercados e en hospitais que só iremos de mañá), o teu podes vir cando queiras e o tempo que poidas! Aínda que só sexa unha hora axúdasnos unha chea!

Podo ir acompañada/ou? Por suposto, cuantos máis sexamos mellor! Se te sentes máis cómoda/ou con alguén que coñeces (familiares/amigos/parella) podeis vir xuntos e colaborar connosco!

Eu podo colaborar? Claro! só necesitas ser maior de idade e estar comprometida/ou coa causa!

 

NEGOCIO SOLIDARIO

Se tes unha empresa ou negocio podes colaborar convirtiendote en punto de venda solidario!

· Solicitas a cantidade que necesites

· Telo no teu negocio ata o 5 de xaneiro de 2020

· Unha vez finalizada a campaña recollemos os bastóns de caramelo que che sobraron e realízasnos o correspondente ingreso

 

OUTRAS FORMAS DE COLABORAR

Se non tes tempo e queres apoiarnos podes axudarnos:

· Compartir as nosas publicacións en redes para que podamos visibilizar as enfermidades raras e a campaña de Nadal

· Informar da nosa campaña, se coñeces a alguén que poida colaborar connosco como voluntaria/ou non dubides en falarlle dela :)

· Adquirindo os nosos bastóns de caramelo, lembra que só custan 1€, e todo o recadado irá destinado ao programa sociosanitario! Con leste poderemos ofrecer diferentes servizos ás persoas afectadas por unha enfermidade rara e ás súas familias: traballo social, psicoloxía, fisioterapia, logopedia, terapia ocupacional...

· Se coñeces a alguén que teña un negocio podes falarlle da nosa campaña e que se converta nun punto de venda solidario


COMO CONTACTAR

Llamando por teléfono al 981 234 651 o al 691 011 855

Vía email: bastonesdecaramelo@fegerec.es

Arquivada en:
Infórmate > Noticias