Conocernos
   nos acerca


Noticias 

Día mundial das enfermidades raras, 2020

Acto principal con motivo do día mundial no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago

28/02/2020 | Galicia

Coa presenza de representantes de todos os ámbitos da Comunidade Autónoma de Galicia, este venres 28 de febreiro ás 11:30h no Hall do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS), a sociedade galega uniuse para apoiar ás enfermidades raras coa celebración do Día Mundial das Enfermidades Raras que se celebra en todo o mundo o día 29. Persoas de todos os ámbitos, encabezadas polo Conselleiro de Sanidade Jesús Almuiña, mostraron a súa implicación reconstruíndo un quebracabezas que simboliza, nunha imaxe dunha gran montaña, o esforzo colectivo para conseguir entre todos este obxectivo común de dar visibilidade a estas enfermidades e a quen as padece.

No acto, guiado pola actriz Isabel Blanco, representantes do ámbito institucional, artístico, político, sanitario, empresarial, educativo, da comunicación, a cultura e o deporte, representado a todos os galegos, simbolizaron a consecución deste obxectivo de concienciación. Foron protagonistas especiais os afectados de enfermidades raras, familiares e as asociacións de pacientes, verdadeiros merecedores dun recoñecemento da sociedade no seu conxunto.

Finalizou o acto coa lectura dun Manifesto que resumiu a vontade e algúns dos avances que aos poucos permiten avanzar no que é un longo camiño aínda por percorrer.

acto en el chus, enfermedades raras

acto en el chus, enfermedades raras

acto en el chus, enfermedades raras

acto en el chus, enfermedades raras

acto en el chus, enfermedades raras

acto en el chus, enfermedades raras

Arquivada en:
Infórmate > Noticias