Noticias
Cumpleaños de película!
¡Queremos reivindicar que na diferenza e na diversidade está a riqueza!
14/06/2019 | A Coruña
Este ano celebramos en Fegerec uns aniversarios moi especiais con temática de cine! Unha noticia saída en xaneiro de 2018 voz de Galicia, na que unha nai contaba como a súa filla nunca fora convidada a uns aniversarios, deunos pé para romper con esta barreira: decidimos celebrar os aniversarios de todos os/ as nenos/ as con enfermidades raras en Galicia que algunha vez pasaron pola nosa Federación ou actualmente forman parte activa da mesma :)
O noso obxectivo é, a través duns aniversarios simbólicos, crear un festexo inclusivo onde pequenos/ as con diversas enfermidades minoritarias compartan espazo e xogos con outros/ as de diferentes características, fomentando a interacción e a interrelación entre eles/ as. ¡Queremos reivindicar que na diferenza e na diversidade está a riqueza!
Tamén contamos con voluntariado, que converteuse nun gran apoio durante toda a festa! Mil grazas a todos ^^
Finalmente queremos agradecer a Miguelañez por facilitarnos as piñatas e a Juegos Besa polos regalos para os nosos peques!
Arquivada en:
Infórmate > Noticias